28.2.14

Noticias de literatura-146. Febreiro de 2014

Carlos G. Reigosa é o pai da novela negra galega. Pero tan pioneiros son o aventureiro
Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a parella que se estrea na investigación en Crime en Compostela (1984) (Héctor J. Porto, La Voz de Galicia, 07-02-2014).
Marcos Calveiro. Foto:Sermos Galiza
Referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil, tomar parte da listaxe de honra da organización internacional IBBY supón, ser seleccionado como as mellores obras e reverte nunha difusión internacional promovida polo propio organismo (Sermos Galiza).

Foto: Cabalar/El Correo Gallego
Un ferrolán que naceu fai 150 anos nunha familia humilde e que faleceu na Habana en 1919, tras unha ampla traxectoria como profesional das artes gráficas.
Alonso Montero considérao "fundamental" e "indispensable" na formación da RAG en 1906 e lembrou que naceu nunha "familia pobre e, como moitos dos que nacen nunha familia así, tivo que emigrar" (El Correo Gallego, 12-02-2014).
'Elementos' de Euclides e A República de Platón son os dous novos volumes que se incorporaron á colección Clásicos do Pensamento Universal, coeditada pola Universidade de Santiago e a Fundación BBVA. O profesor de ensino medio Xosé Manuel Blanco Roo é o responsable do prólogo e tradución da obra de Platón, mentres que no caso de  Elementos, asina o prólogo o profesor José Luis Gómez Pardo, e Ana Gloria Rodríguez Alonso e Celso Rodríguez Fernández a tradución (Galicia Hoxe, 13-02-2014).
Julio Cortázar, A autoestrada do sur (Trifolium)
Julio Cortázar
Foto: Sermos Galiza
Un atasco na autoestrada de Fontainebleau a París un domingo á tarde como metáfora da sociedade é o argumento de “A autoestrada do Sur” o relato de Cortázar que tomou parte do libro “Todos los fuegos el fuego” e que agora ve a luz en galego publicado por Trifolium con tradución de Francisco Fernández Naval. O relato de Cortázar deu pé ao filme Weekend de Jean-Luc Godard en 1967 (Sermos Galiza).
Celestino Fernández de la Vega (Friol, 1914-Lugo, 1986), coñecido como «Cilistro» foi unha das mellores cabezas pensantes que tivo a cultura galega do século XX e pasará á historia da literatura galega por unha obra fundamental, «O segredo do humor» (1963), unha reflexión sobre conceptos como o humor e a saudade, sobre o humorismo, «esa forma de humor que nos fai sorrir e á vez nos conmove», como sinalou hai anos o seu biógrafo, o artista Siro López (Suso Varela, La Voz de Galicia, 17-02-2014).
Siro López/La Voz de Galicia
Fernando Pereira analiza algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas. Ao longo de tres anos, o autor rastrexou documentación ao respecto en hemerotecas, arquivos e bibliotecas, para seleccionar ao redor de 150 imaxes para o libro (La Voz de Galicia, 21-02-2014).
Na xornada que é tamén culminación das celebracións polo 150 aniversario de Cantares Gallegos a Fundación propón que, "tanto en Galicia como no resto do mundo", todas as persoas que o desexen se unan a unha "acción colectiva en Internet" e boten man de "calquera cousa relacionada con Rosalía", dende un libro a unha estatua pasando por unha camisola ou unha placa de lembranza (Praza Pública).
Xela Arias e Luísa Villalta. Imaxe: Sermos Galiza
A Comisión de Igualdade do CCG lembra agora ás dúas creadoras de maneira conxunta, como “representativas da representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país” (Sermos Galiza).
Esta decisión veu motivada por coincidir co 75 aniversario do pasamento de Antonio García Hermida (1885-1939), escritor e xornalista vilalbés que impulsou varias publicacións no primeiro terzo do século XX, considerada a etapa máis fructífera do xornalismo na capital da Terra Cha (Galicia Hoxe, 25-02-2014).
Imaxe: Sermos Galiza
Segundo informaron dende a Federación de Arquiveiros, esta obra foi redactada na corte de João I de Portugal entre 1415 e 1433. O documento, unha das obras portuguesas máis notables do século XV, está estruturado en tres libros, sumando un total de 70 capítulos (El Correo Gallego, 28-02-2014).

Ningún comentario: