25.11.07

Lingua esgallada (32)

LINGUA ESGALLADA-32

Velaquí algunhas expresións recollidas das exposicións orais. Contémplaas dende a óptica do rexistro estándar e propón a solución que creas máis idónea. E para pórlle o ramo á obra, comenta as razóns da rectificación.


320

Levalo ó río e ahogalo

321

O outro home hártase un pouco

322

O desastroso que foi o viaxe

323

Terminaron os seus estudios e teñen que buscarse o futuro

324

Vente años o trenta

325

O hidalgo don Ramón morre

326

Metérono na cárcere porque pillárono

327

Unha noite chea de locura

328

Destroza o saxo

329

Impide que vaia á cárcere

CONDICIÓNS DO TRABALLO

BAC: Rectificación + explicación.
ESO: Rectificación.
Valoración: A prevista na programación.
Data entrega: 24 horas despois da publicación neste blog. Non contan feiras, festas nin mercados.

Imaxe de http://elteacher.com/FEULE/espanol/convocatoria_es.htm

21.11.07

Marisa Núñez (2)

Galicia Hoxe publica unha entrevista con Marisa Núñez por mor do Premio Internacional do Libro Infantil concedido pola Fondation Espace Enfants (FEE) de Suíza. Da noticia tamén se fan eco outros xornais. No Faro de Vigo aparece acompañada desta ilustración.
Outra interesante entrevista atopámola na páxina Proyecto Animalibro.

20.11.07

Cunqueiro. Unha biografía (2)

Dúas noticias referidas ó noso autor atopamos hoxe. Unha delas vén no Faro de Vigo, periódico dirixido polo mindoniense unha lonta tempada. Dá conta da publicación duns relatos inéditos de Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal. A orixe das seis historias xa é bonita de por si.
A outra noticia aparece no Galicia Hoxe. Fálanos da presentación na Coruña da biografía de Cunqueiro que o sevillano Manuel Gregorio acaba de publicar*. Neste periódico aparece unha interesante entrevista co biógrafo.

Manuel Gregorio González dá conta da dimensión humana do don Álvaro reflectida no espello das súas obras, do home "que se trasparece en sus obras" (p. 194). Velaquí a idea que guía esa visión de Cunqueiro como "juglar sombrío":
"(...) se asombra uno de la soledad, de la fortaleza, del empeño de aquel
escritor inseguro, festivo, algo nostálgico y hedonista, que quiso devolverle al
mundo un poco de humor, de paz, una alegría pastoril y arcádica, cuando el mundo
estaba atento a otros azares. En esas condiciones, no era posible comprender la
portentosa ofrenda del gallego. Una ofrenda en la que se incluía el derecho a
soñar, la posibilidad de ser otro, la intimidad del hombre con el misterio" (pp.
80-81).


* Véxase o post "Cunqueiro. Unha biografía", máis abaixo.

18.11.07

Marisa Núñez, premio Internacional do Libro Infantil

Lemos esta noticia e sentímonos reconciliados coa vida, co mundo, co país e co idioma. Por noticias coma esta decatámonos de que aínda estamos no mundo. E non o dixo Miro Pereira.

Parabéns para Marisa Núñez. A obra premiada titúlase Chocolata.


14.11.07

Lingua esgallada (31)

LINGUA ESGALLADA-31
Velaquí algunhas expresións recollidas das exposicións orais. Contémplaas dende a óptica do rexistro estándar e sinala a solución que creas máis idónea. E para pórlle o ramo á obra, comenta as razóns da rectificación.

310
...e o vai buscar
311
Dun lapiceiro saíu...
312
Frente a unha cunca de auga
313
Tiña muita prisa
314
Que xente na fraga ina consultarlle cousas
315
Encendíase e apagábase, e entón era cando se miraba...
316
Trampeou a cerradura
317
Consigue coller o lagarto
318
Tarde ou temprano vai ter que saír de alí
319
Átano nun árbore




CONDICIÓNS DO TRABALLO
BAC: Rectificación + explicación.
ESO: Rectificación.
Valoración segundo o previsto na programación e na folla de presentación da materia.
Data entrega: 24 horas despois da publicación neste blog.
(Imaxe de http://www.aucoindubar.ch/ancien/vin_honneur/region_vin_du_mois.php.)

3.11.07

Cunqueiro. Unha biografía

De interese para os bachareis.
Atopamos no Galicia Hoxe esta recensión da biografía que Manuel Gregorio González dedica a Cunqueiro. É o seu título completo Don Álvaro Cunqueiro juglar sombrío. Segundo a recensión, a obra promete. Resulta un traballo de doada lectura, a xulgar polo anaco que levo visto. Teño a sensación de que enfoca o autor a través da súa obra, pero non o podo asegurar co que levo lido. Para datos miúdos, o autor cita a "minuciosa biografía de Cunqueiro" de Armesto Faginas (1987).

Esta nova biografía tamén se acompaña dun interesante álbum de fotos en páxinas interiores.

Como tocaremos o tema na aula, aínda que non queiramos, xa vos falarei máis polo miúdo do asunto. Mentres tanto, teredes que conformarvos coa recensión enlazada.

Aburiño.

2.11.07

Algún médico saca a lingua

Facemos referencia a un par de noticias relacionadas co uso das linguas minoradas no gremio dos médicos. Aínda que suscitan comentarios a mazo, realmente non o precisarían. Pero causan algo de pasmo e cómpre manifestalo.
A primeira das noticias atopámola en Vieiros: un facultativo pide socorro para que lle traduzan ó español o formulario no que se lle solicitaban probas radiolóxicas. Fai ben. Cómpre andar seguro. Nalgunha ocasión xa se teñen trabucado e o paciente acabou coa perna boa amputada e a mala ó lombo.

A outra noticia referida aparece en El País (xornal belixerante en cuestión de lingua): "La exigencia del euskera agrava la falta de médicos en el País Vasco
En la oposición puntúa casi tanto el idioma como todos los méritos científicos"
. Visto así, case parece terrible. Coma se te botasen fóra do traballo por descoñeceres o euskera. Mais na mesma noticia lemos que os méritos por coñecer tal idioma sumarían como máximo 16 puntiños (Euskera. Existen dos perfiles lingüísticos: el 1, que otorga ocho puntos y el 2, que supone 16. Este último equivale al cuarto curso de la Escuela Oficial de Idiomas), sobre ¿cantos?: El baremo máximo suma 176 puntos. El propio examen otorga hasta 100. Es necesario obtener 50 o más para aprobar.

Nos xornais tamén cómpre ler a letra pequena. E o xornalismo debería ser obxectivo. E os médicos...

Méndez Ferrín e Bretaña, Esmeraldina

De interese para os de segundo de bacharelato.
Enlazo esta entrevista con Anxo Angueira na que se fala da novela citada e se sitúa o seu autor, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, no panorama literario galego.

Sobre a edición desta obra tamén atopamos noticias en Brétemas e mais no Anuario de estudos literarios.