1.4.16

Noticias de literatura-171. Marzo de 2016

A conmemoración neste ano do centenario da fundación das Irmandades da Fala trae consigo numerosas iniciativas. Unha delas é a promovida pola Asociación Socio-Pedagóxico Galega e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao propor para o vindeiro sábado un roteiro na Coruña que percorrerá algúns lugares vencellados  ás Irmandades (Sermos Galiza, 04-03-2016).
Após proclamar a vacante de Xosé Neira Vilas debido ao seu falecemento no Plenario do 11 de decembro, a Real Academia Galega fixo oficial no Plenario da mañá do sábado a proposta de Marilar Aleixandre, colaboradora de Sermos Galiza, para cubrir a praza do autor de Memorias dun neno labrego (Sermos Galiza, 06-03-2016).
Desde a Academia salientan que como bióloga e experta en educación, «Marilar Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias: foi coautora dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego e doutros moitos materiais, itinerarios, artigos e ensaios sobre o ensino das ciencias» (La Voz de Galicia, 06-03-2016).
Son obras que presentei a un certame patrocinado por Neira Vilas, o Estornela de teatro para nenos. Hai un ano, cando xa sabía que non gañara o concurso, Neira Vilas envioume un correo electrónico para recomendarme a editorial Fervenza para publicar as obras. É por iso que un dos dous volumes está dedicado a el, co que non tiven ocasión de falar persoalmente (M. X. Blanco, La Voz de Galicia, 04-03-2016).
Eli Ríos (Londres, 1967) tivo a sorte de enchouparse da cultura oral dun avó practicamente analfabeto e aínda lembra cando no instituto lle falaron de Cunqueiro e descubriu impresionada que aquelas historias xa as escoitara. Ten cinco poemarios publicados [...] (entrevista de Rodri García, La Voz de Galicia, 11-03-2016).
[...] a artista madrileña afincada en Galicia mostra a súa creatividade sobre os 21 libros de poesía, intervidos como unha homenaxe aos escritores que foron protagonistas das súas lecturas (Galicia Hoxe, 21-03-2016).
A Real Academia Galega (RAG) vén de activar na súa web unha nova sección, As Irmandades da Fala nos Fondos da Academia, xusto ao cumprirse o centenario da publicación desta obra do fundador das Irmandades, "movemento chave na defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político". Ao longo deste ano dedicado a este movemento, o espazo amosará en versión dixital distintas publicacións e documentos relacionados con elas (Miguel Pardo, Praza Pública, 21-03-2016).
O meu interese inicial era o panorama da narrativa de posguerra. En parte, porque sempre considerei que os seus repertorios e o conflito político ao que ían ligados eran bastante específicos e non tiñan un correlato evidente noutros contextos peninsulares (entrevista de María Obelleiro, Sermos Galiza, 28-03-2016).
Os kowa (Galaxia), a novela coa que Xavier Queipo (Santiago, 1957) gañou o último premio Blanco Amor, arranca en Europa para logo desprazarse á Amazonía, seguindo ao seu protagonista, un naturalista que marcha tralo ronsel dunha bolboreta e se perde na selva (entrevista de Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 29-03-2016).
Además de las referencias al propio Códex o a la música medieval, el protagonista de la obra, Custodio -como monaguillo de la Catedral- se sabe todas las canciones y le animan a convertirse en cantante de ópera (La Voz de Galicia, 31-03-2016).

Ningún comentario: